Galicia Fala.
Voces de Galicia > Galicia Fala.
Sitios e lugares de Galicia:
nos arredores de Armenteira
Temos en Galicia 313 municipios e 3.772 parroquias civís, nas que vivimos máis de 2.710.000 persoas. A maioría facémolo en cidades, pero son aínda moitos os pobos que preservan unha forma de vida máis apegada á terra e a tradición. Con frecuencia, moi preto das capitais de provincia. Xunto a Pontevedra temos os exemplos de Meis e Poio. En Meis está o Mosteiro de Santa María de Armenteira, onde San Ero pasou 300 anos escoitando a un merlo. En Poio, o pobo mariñeiro de Combarro, municipio independente ata hai un século, é hoxe unha das nosas vilas mariñeiras máis bonitas. Non está lonxe a Ermida da Lanzada, onde hai que ir en San Xoán ou o último sábado de agosto a tomar as nove ondas para que nove meses despois nazan novos galegos e galegas.
Equipo técnico utilizado
Cámara de cine dixital Panasonic Varicam 35
Cámara de Video 4K Panasonic AG-DVX200
Gravadora audio Zoom NH6
Ópticas Canon Profesionales Serie HJ
Cámara Panasonic GH5
Micrófono cañón Sennheiser MKH70
Trípode Satchler 25 II
Cámara Timelapse Canon EOS 5D MkIII
Estabilizador de cámara Came Mini
Slider motorizado 3 eixes vídeo e timelapse Mslider e Mswivel
Un recorrido polas voces que converten a Galicia nunha paraxe única, con personalidade e identidade propias.