Galicia Chía.
Voces de Galicia > Galicia Chía.
A melodía
que percorre camiños
Hai non tanto, case todos os camiños do país enchíanse desde antes do amencer de carros tirados por bois. Cada un deles emitía un renxer propio, un “canto” do que era responsable a fricción do eixe contra a “cantadeira”, unha peza de madeira. Ese son era moi útil para evitar atoparse con outro carro en contra por unha mesma senda estreita, e mesmo permitía identificar de lonxe ao propietario do vehículo. Pero sobre todo, era parte inseparable das sinfonías diarias dos nosos campos.
Equipo técnico utilizado
Cámara de cine dixital Panasonic Varicam 35
Estabilizador de cámara Came mini
Micrófono cañón Sennheiser MKH70
Ópticas Canon Profesionales Serie HJ
Cámara Panasonic GH5 4K
Trípode Satchler 25 II
Dron DJI Inspire
Mini cámara GoPro Hero 5 Black
Gravadora audio Zoom NH6
Un recorrido polas voces que converten a Galicia nunha paraxe única, con personalidade e identidade propias.