VOCES DE GALICIA

Galicia roxe e ouvea, canta, berra e retumba.

Que é Voces de Galicia?

Con “Voces de Galicia” preténdense recuperar os nosos sons, a nosa voz. Especialmente aqueles sons que corren o risco de perderse ou que, nalgúns casos, xa se perderon: o cantar dos eixes nos carros de bois substituído agora polo ruído máis monótono, pero máis eficaz, dos tractores sería só un exemplo de como o progreso deixa as súas marcas en forma de ecos sonoros.

Intentouse noutras ocasións un rexistro de sons propios da nosa comunidade, case sempre con recursos exclusivamente de audio. Agora, pareceunos convinte pórlles imaxes a esas voces, tan diferentes que constitúen unha auténtica polifonía: a da Galicia interior e costeira, a dos gremios artesanais e a dos labregos, a rural e a urbana, a poboada e aquela na que reina a natureza, con escasa presencia humana.

A colección de sons estrease con quince videos breves que estimulen a mobilización de todo aquel que desexe participar dalgún modo no proxecto. ABANCA e La Voz de Galicia agradecen que se sumen o maior número posible de persoas intervindo a través das redes sociais, de modo que entre todos recuperemos, recoñezamos, construiamos e potenciemos o sentir común, sen morriña, pero cos pés na Terra. Con ese obxectivo crease astuasvoces

astuasvoces

6

GALICIA FAISCA


Noite de San Xoán

2

GALICIA MURMURA


Illas Atlánticas

9

GALICIA RINCHA


Rapa das Bestas

14

GALICIA CANTARUXA


Gaitas

1

GALICIA FALA


Lugares de Galicia

3

GALICIA CANTA


Fragas do Eume

12

GALICIA TRONA


Auga e Choiva

13

GALICIA CHÍA


O Son dos Carros

8

GALICIA RETUMBA


Praia das Catedrais

10

GALICIA RESOA


Ribeira Sacra

15

GALICIA ALENTA


O Son da Industria

4

GALICIA BRADA


Feira de gando de Silleda

5

GALICIA SOA


Lonxa de peixe de Vigo

11

· proximamente ·

GALICIA BORBORIÑA


7

· proximamente ·

GALICIA ROXE


Un recorrido polas voces que converten a Galicia nunha paraxe única, con personalidade e identidade propias.